Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

A Sarriana comeza a fase de ascenso este domingo

Por 4 Xuño, 2021Sin comentarios

A SD Sarriana xa coñece o calendario da fase de ascenso á Terceira RFEF.

Despois de rematar a primeira fase como primeira de grupo a falta de dúas xornadas, o equipo sarriao tentará subir de categoría no play off de ascenso que comezará este domingo día 6 de xuño. O equipo de Sarria viaxará a Coruña para enfrontarse nesta primeira xornada ao Atlético Coruña Montañeiros CF, equipo que quedou segundo na súa liga por detrás do SD Sofán. Na segunda xornada, a Sarriana estrenarase na casa nesta segunda fase contra o propio SD Sofán anteriormente mencionado.

O terceiro partido disputarase novamente no estadio municipal da Ribela, en Sarria, o 20 de xuño. O rival a bater será, neste caso, o SD Boiro (segundo clasificado no subgrupo B). E, para finalizar, o 26 de xuño o equipo sarriao viaxará a Noia para enfrontarse ao CF Noia (primeiro clasificado no subgrupo B).

No caso de que a Sarriana conseguira o ascenso, a próxima tempada xogaría na terceira división RFEF con equipos coma o Racing Vilalbés, o Fabril ou o Silva.