Skip to main content
Sarria

A serie O Camiño interior chegou onte a Sarria

Por 9 Xuño, 2021Xuño 11th, 2021Sin comentarios

A serie O Camiño interior chegou no día de onte a Sarria. O proxecto consiste nunha serie documental de 16 capítulos na que se percorrerá o camiño de Santiago dende León a Fisterra. O luns día 7 comezaba a etapa de Triacastela a Sarria Miguel Ángel Tobías acompañado de Jose María Poveda, neuropsiquiatra de traxectoria internacional cunha forte vinculación con Oriente.

No día de onte, Tobías, iniciou dende o Concello de Sarria a etapa que o levou a Portomarín acompañado de Cristian Sáinz, ex esquiador paralímpico, informático, empresario e cociñeiro. Por outra parte, hoxe continuará coa ruta xunto co xornalista e presentador Quico Taronjí.
A data do estreno da serie aínda está por concretar.