Skip to main content
Sarria

O Partido Popular denuncia o estado da pista de Lousadela

Por 10 Xuño, 2021Sin comentarios

O PP denuncia o estado da pista da Lousadela tralas obras de rexeneración do Concello, con cargo ao plan Único da Deputación 2020, “onde se licitaran 150.000 euros na partida”.

Según membros do PP, nunha mesma estrada “executáronse os traballos en certos tramos e en outros non e, presuntamente, as obras están rematadas”.

O mesmo ocorre, según o Partido Popular “noutras vías de titularidade municipal coma os accesos a Ortoá, Vilerma, Quintela, Mundín e Guitián, entre outras, que entraban na actuación de rexeneración financiada co plan Único da Deputación de 2020”.