Skip to main content
Sarria

Rosa Acuña e o obradoiro Conecta co teu corpo voltan a Sarria

Por 10 Xuño, 2021Xuño 12th, 2021Sin comentarios

Tralo éxito do obradoiro Conecta co teu corpo, baseado en técnicas de ioga, expresión corporal e danza, O Garaxe de Sarria volve acoller a xornada o vindeiro xoves 17 de xuño de 20:00 a 21:30 horas. Rosa Acuña voltará a Sarria para ensinar a tomar conciencia sobre o estado do corpo e mente, así coma a aprender a estar no presente deixando fluír os pensamentos.

O obradoiro está adaptado ás novas medidas de seguridade cun gran espazo, ventilación e cun aforo limitado. Por esta razón, é preciso reservar praza canto antes, ben sexa chamando ao 982 530 086 ou no correo ogaraxesarria@gmail.com. A inscrición é de 15 euros.

Así mesmo, dende O Garaxe comunican que a partir do mes de xullo, formaranse grupos cun prezo especial para todo aquel que se queira apuntar mensualmente e practicalo con relativa frecuencia. Para máis información pódese contactar co centro.