Skip to main content
Triacastela

Chega a Triacastela unha sesión de música galega

Por 8 Xuño, 2021Sin comentarios

A Duendeneta e Carlos Crespo chegan no día de hoxe a Triacastela coa sesión Os camiños das músicas galegas. A actuación realizarase ás 18:30 horas na praza da igrexa onde se poderá desfrutar de 90 minutos de música galega.

A sesión está composta por vinte bloques, de cinco minutos de duración cada un, nos que se fai un percorrido cronolóxico pola nosa música. Ao existir tanta variedade, Crespo só pode pinchar pequenos extractos de tres temas en cada un dos bloques e, unha canción máis importante durante algo máis de tempo (pero sen chegar a poñela enteira).

O obxectivo é achegar e dar a coñecer a peregrinos e a vilas a historia da música galega pasando por todos os grupos importantes; dende Andrés do Barro ata Baiuca. A agrupación comezou o mércores 2 de xuño a súa andaina por diferentes vilas por onde pasa o Camiño de Santiago e rematará nos días 20 e 21 de xuño en Santiago.