Skip to main content
Axenda Caducada

Realizan esta fin de semana un casting en Muras e As Pontes

Por 17 Xuño, 2021Outubro 15th, 2021Sin comentarios

Os concellos de As Pontes e Muras acollerán esta fin de semana un casting para un film que se rodará na Serra do Xistral.

Búscase o perfil dun home, de entre 35 e 45 anos. para o que non é necesario experiencia previa na interpretación.

Serán dez días de rodaxe, entre novembro e decembro, para os ensaios e a participación será remunerada.

As probas serán o sábado 19 na Casa Dopeso das Pontes, ás 10.00 horas e o domingo 20 na Casa do Médico de Muras, ás 10.00 horas.

É necesaria inscrición previa antes do venres 18 de xuño ás 12 do mediodía en probascine@gmail.com ou por whatsapp no teléfono 633 61 64 99 indicando datos de contacto e adxuntando unha foto recente.