Skip to main content
As PontesAxenda TERRACHÁXADeportes TERRACHÁXA

O CD As Pontes e o Esteo FS organizan un campus multideporte de verán

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

Os clubs O Esteo FS e CD As Pontes organizan este verán, por primeira vez, un campus multideporte mixto dirixido a nenos de entre 5 e 15 anos de idade.

Este terá lugar entre o 5 e o 16 de xullo en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Terá un prezo de 120 euros con desconto de 20 euros para os segundos irmáns. Inclúe seguro, dúas equipacións deportivas e merenda a media mañá.

Os pequenos terán actividades de fútbol campo, fútbol sala, piragüismo e outras sorpresas.

As inscricións e a información pode obterse nos teléfonos 629 401 459 / 661 178 678, nos emails info@cdaspontes.es e inscripciones.esteofs@gmail.com ou nas webs www.cdaspontes.es / www.oesteofs.com.