Skip to main content
Axenda Caducada

Celebrarán unha charla sobre enfermidades do castiñeiro na Pastoriza

Por 4 Xuño, 2021Xuño 29th, 2021Sin comentarios

A casa da cultura da Pastoriza acollerá o día 29 de xuño, martes, unha xornada formativa sobre a loita contra doenzas do Castiñeiro, en especial sobre o chancho, coñecido como Cryphonectra parasítica, ou a avespa, Dryocosmus kuriphilus.

A xornada estará impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, de Ourense e terá lugar de 11.00 a 14.00 horas.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse con anterioridade nas oficinas muncipais chamando ao 982 332 197.

Será necesario un mínimo de 15 persoas para o desenvolvemento do curso.