Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz recupera as festas de San Xoán dende o mércores

Por 19 Xuño, 2021Sin comentarios

Guitiriz volverá este ano a ter San Xoán, aínda que con restricións a protocolos covid, pero celebrará o San Xoán entre o 23 ao 27 deste mes, organizado pola asociación Ecce Homo, que organiza uns festexos que se sufragarán cunha achega de 21.000 euros que aporta a comunidade de montes de San Xoán.

As festas comezarán na noite de San Xoán cunha degustación gratuíta de sardiñas, que dará comezo ás 20.30 horas, aínda que non haberá fogueira.

O 24, xoves, festivo local, comezará o día cos pasacalles de A charanga Bicoia de Ourense e o grupo tradicional local Sons de Aldea, que tocará todos os días. O prato forte será a actuación da orquestra Costa Dourada, ás 14.30 en sesión vermú e repetirá ás 21.00 horas.

O venres tamén haberá pasarrúas pero coa charanga local Os Trileiros. Será a xornada da festa infantil, con Brincadeira a partir das 16.30 horas no Campo da Feira. O apartado musical correrá a cargo do trío Jaque de Ferrol (22.00 horas).

Na xornada do sábado Amigos da Música actuará na sesión vermú coa verbena a cargo de Arizona. O domingo, será o grupo de gaitas do Concello o se que ocupe da animación musical ao mediodía e a orquestra Galilea da da noite, poñendo fin a unhas patronais nas que se lembra a necesidade de respectar distancias de seguridade e outras normas de protección fronte á covid.

Haberá sesión de pirotecnia de Rocha Areas ás 14.00 horas, que se repetirá todas as xornadas.

A misa será ás 13.00 horas, os días 24, 25 e 27.