Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Abre a inscrición para o Lago DVSport

Por 13 Xuño, 2021Sin comentarios

Este luns, 14 de xuño, unha vez finalizado o período de renovacións, abrirase a quenda de inscrición para os xogadores que queiran realizar a súa alta como novo membro da familia Lago DVSport. Estas novas altas iranse efectuando ata completar os equipos co máximo de prazas ofertadas para cada categoría de fútbol sala feminino e masculino, ademais da escola de porteiros e a academia de tecnificación.

O club oferta prazas en todas as categorías:

  • Biberón: anos de nacemento 2016,2017 e 2018.
  • Prebenxamín: anos de nacemento 2014 e 2015.
  • Benxamín: anos de nacemento 2012 e 2013.
  • Alevín: anos de nacemento 2010 e 2011.
  • Infantil: anos de nacemento 2008 e 2009.
  • Cadete: anos de nacemento 2006 e 2007.
  • Xuvenil: anos de nacemento 2003, 2004 e 2005.

Os interesados en inscribirse deberán poñerse en contacto co club no teléfono 679 371 472 ou no correo lagodvsport@gmail.com.