Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Presentan 15 exemplares da Granxa Gayoso á Poxa de Raza Rubia de Adai

Por 13 Xuño, 2021Sin comentarios

A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo presentou 15 exemplares á XCV Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega no recinto feiral de Adai, no concello do Corgo e 11 para o concurso. En total, 26 exemplares desta raza autóctona. O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao presidente de Acruga, César Dorado Pin, e outras autoridades, participou neste evento este sábado.

As cabezas de gando da Granxa provincial presentadas, que contan entre ano e medio e dous anos, tiveron un prezo medio de 2.456 euros na poxa. Esta nova edición da poxa e o concurso de Adai acolleu 150 animais de 18 explotacións gandeiras e de 11 concellos de Galicia.

A Deputación de Lugo mantén unha importante colaboración con este colectivo ao que lle destina, dende 2019, unha achega total de 1,4 millóns de euros ata o 2022. Esta colaboración destínase por unha banda, para unha liña de axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico; e por outra banda, a institución provincial mantén unha colaboración directa con Acruga para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro.