Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A piscina de Castro abrirá o 1 de xullo ata o 15 de setembro

Por 20 Xuño, 2021Sin comentarios

A piscina de Castro de Rei anuncia a súa apertura o día 1 de xullo e permanecerá en uso ata o 15 de setembro.

Como en anos anteriores o seu horario será de luns a domingo de 12.00 a 20.00 horas, aínda que durante este tempo deberán respectarse as normas sanitarias que estén vixentes nese momento.

As entradas terán un custe de 2 euros para adultos (a partir de 18 anos); 1,50 para os que teñan entre 12 e 18, e de 1 euro para o resto. Os menores de 3 anos non pagan.

Establécense tamén abonos de tempada, que terán un prezo de 40, 30 e 20 euros, respectivamente en cada unha das categorías. O abono por familias será de 60 euros.