Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O CD Castro infantil logra o ascenso á Liga Galega

Por 28 Xuño, 2021Sin comentarios

O equipo infantil do Castro logrou esta fin de semana o pasaporte á Liga Galega tras superar ao Milagrosa A no último partido da fase de ascenso. Fixo falta chegar á quenda de penaltis para desfacer a igualdade que se mantivo durante todo o encontro.

O duelo, celebrado no Estadio Roca de Vilalba, comezou un gol temparneiro do Castro a través de Xabier. Os vermellos tiñan o dominio do balón ante un Milagrosa que xogaba na procura dos contraataques. Nos minutos finais da primeira metade chegou o empate tras unha xogada de córner na que o árbitro pita penalti.

Despois do intermedio o Castro mantivo a posesión do balón e seguiu intentando chegar a área contraria combinando, pero foi o Milagrosa o que se aproveitou dun mal entendemento dos chairegos para poñer o segundo na súa conta a portería baleira.

No minuto 73, un man a man dun xogador do Castro remata nun penalti que converte Ismael. O empate mantívose ata o final e o ascenso tivo que decidirse nunha quenda de penaltis na que un paradón de Álex foi clave para que o Castro se fixera coa vitoria e a praza na Galega.