Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Centro de Recría aforra medio millón de euros aos gandeiros

Por 29 Xuño, 2021Xuño 30th, 2021Sin comentarios

Un dato que deu a coñecer o Deputado de Recursos Sostibles no Pleno de hoxe, onde se aprobou a actualización de tarifas deste servizo provincial público, que pasa de 2,39€ 2,55€ por animal/día por motivos obxectivos e xustificados: a subida do prezo dos alimentos dos animais -de ata un 25% nos últimos meses- e dos custes de persoal.

O Centro de Recría da Deputación de Lugo, pioneiro en España polo seu carácter público, aforroulle aos gandeiros e gandeiras da provincia medio millón de euros no ano 2020, con respecto aos custes dos centros privados. Un dato que deu a coñecer o Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, no Pleno ordinario do mes de xuño celebrado este martes, onde se aprobou unha actualización das tarifas deste centro.

Fernández Rico detallou que coa actualización aprobada hoxe as tarifas pasan de 2,39€ a 2,55€ animal e día, 16 céntimos máis. A revisión, argumentou, está fundamentada nunha motivación obxectiva e debidamente xustificada, que se centra en dous factores. Por un lado, a subida dos custos de alimentación dos animais, “a parte máis destacable, debido á tendencia á alza dos prezos nos últimos meses. Hai que ter en conta que, segundo se acredita, os custes de alimentación aumentaron en máis dun 25% en moitos dos produtos consumidos polos animais e que a alimentación supón o 50% do gasto total da anualidade 2020, unha cifra maior canto maior ocupación teña o centro. Neste momento máis de 2.000 novillas, o que representa o 85% da capacidade do Centro”, explicou o Deputado. O outro factor é o custe do persoal -salarios e Seguridade Social-, “que se ve incrementado polos cambios na normativa dende que se asinou o contrato no ano 2017”, sobre todo debido á subida do Salario Mínimo Interprofesional.

A revisión do prezo do Centro de Recría “está xustificada tecnicamente, e é razoable, tendo en conta que supón un incremento do 6,69%”, cando, como apuntou o Deputado, “os custos de alimentación subiron máis dun 25% en moitos dos produtos consumidos polos animais”.

Roberto Fernández Rico, quen precisou que de producirse unha baixada dos custes da alimentación dos animais volverase a revisar á baixa a tarifa, subliñou que o Centro de Recría Público da Deputación de Lugo “mantén tarifas altamente competitivas con respecto a centros privados, que teñen prezos medios de 3€ animal/día incluíndo o transporte, ademais das múltiples vantaxes en termos de calidade e benestar que ofrece ós gandeiros e gandeiras da nosa provincia”.

“Respondemos á súa demanda dándolles este servizo preto da casa, onde poden levar un control directo de todas as fases do proceso, e non como facían antes da apertura do Centro de Recría provincial, que tiñan que enviar os seus animais a outros centros a máis de 700 quilómetros de distancia onde non vían como era a recría e pagaban altos custes engadidos polo desprazamento”, asegurou o Deputado.

O Centro de Recría Gayoso Castro inclúe o transporte incluído para retirar e entregar de novo os animais e coa seguridade que marcan os protocolos de actuación nunhas instalacións que velan polo coidado, o benestar animal e a seguridade alimentaria.

Un servizo público

“Este servizos público é útil e vantaxoso para o noso sector primario, prestando un servizo necesario, cubríndolle unha necesidade coma esta con redución de custes para que as explotacións sexan máis eficientes e competitivas”, recalcou o Deputado de Recursos Sostibles no Pleno. “Os propios gandeiros que teñen os seus animais nestas instalacións entenden a actualización das tarifas porque seguimos sendo mantendo a diferenza cos centros privados”, afirmou.

O Deputado de Recursos Sostibles incidiu no “funcionamento modélico do Centro de Recría Público da Deputación de Lugo. Presta un servizo indispensable para as explotacións gandeiras desta provincia e o seu correcto funcionamento déixase notar no benestar dos animais, nun estrito control sanitario, no control reprodutivo e xenético  dos mesmos e en conclusión, nunha mellora da competitividade e da calidade produtiva das explotacións lácteas da provincia”.