Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O IES Terra Chá ofrece formación en actividades agropecuarias e forestais

Por 29 Xuño, 2021Sin comentarios

O IES da Terra Chá José Trapero Pardo, ubicado en Castro Ribeiras de Lea, mantén aberto o prazo de inscrición para o próximo curso escolar no que ofrece unha ampla variedade formativa, que inclúe tanto FP Básica como ciclos de grado medio e superior.

Neste centro de ensino os ciclos especializados en medio natural e actividades agropecuarias.

O alumnado pode acceder á FP básica de Actividades Agropecuarias, o ciclo medio de Técnico de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e o superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.

O centro mantén ata o próximo luns, 5 de xullo, aberto o prazo de matrícula. As persoas interesadas en inscribirse poden consultar a web ou as redes sociais do centro ou solicitar máis información chamando ao 982 870 144 ou a través do correo electrónico ies.terra.cha@edu.xunta.gal.