Skip to main content
Cospeito

Denuncian o estado de abandono dos parques infantís de Muimenta e Feira do Monte

Por 14 Xuño, 2021Xuño 15th, 2021Sin comentarios

O PSOE de Cospeito recolleu as demandas presentadas polos veciños de Muimenta que reclaman ao Concello unha intervención urxente nos parques infantís de Muimenta e Feria do Monte.

Segundo explican os dous parques están moi deteriorados e abandonados, “pero mentres o de Feira do Monte necesitaría un repaso en profundidade o de Muimenta está nun estado lamentable”, di Rosa Morán, voceira socialista.

As críticas veciñais apuntan a papeleiras sen vaciar dende hai moito tempo, todo sucio, os xogos oxidados e rotos e mesmo o areeiro desapareceu. Os veciños afirman que non se pode usar polo risco que supone para os pequenos.

Esta non é a primeira vez que os socialistas demanda o coidado dos parques infantís. “Fai algo máis de tres anos, e hai dous de novo, xa demos as queixas nun pleno e pedimos que se arranxaran, este e o de Feira do Monte. Daquela fíxose un pequeno lavado de cara, o de Feira de Monte está algo mellor, pero o outro non se pode usar, os pais están cheos de decirllo ó goberno municipal e que non teñan resposta”.

Os socialistas de Cospeito piden por tanto unha renovación de todo o parque para que poida ser usado e um precintado momentaneamente os aparatos que están perigosos.