Skip to main content
Cospeito

Cospeito contará cun campamento para nenos dende o día 1

Por 26 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Cospeito inicia o día 1 un campamento de verán nas instalacións do CPI Virxe do Monte dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos de idade.

O campamento prolongarase ata o 30 de xullo e nel desenvolveranse actividades de lecer e recreativas ao aire libre, xogos de todo tipo, busca do tesouro e xogos de auga.

Traballarase e grupos reducidos e mantendo todas as medidas sanitarias vixentes para facer fronte á propagación da covid-19. O horario será de mañá.

Hai 60 prazas que se cubrirán por orde de inscrición e esta remata o día 29. Dende a organización anunciaron que o custe do mesmo será en función da renda familiar e con descontos para os segundos irmáns.