Skip to main content
Cospeito

O PSOE reclama ao Concello de Cospeito a posta en marcha das axudas

Por 5 Xuño, 2021Xuño 6th, 2021Sin comentarios

As preguntas ao equipo de Goberno e os rogos por parte dos concelleiros socialistas centraron o último Pleno do Concello de Cospeito, onde se insistiu principalmente sobre a posta en marcha das axudas aos hostaleiros, a situación na que se atopa a tramitación do PXOM e a negociación cos propietario da Torre de Caldaloba, entre outros temas de actualidade.

O PSOE foi contundente co equipo de Goberno no último Pleno xa que volveu reclamar a convocatoria das axudas para os hostaleiros e empresarios castigados economicamente pola pandemia da covid-19. Os concelleiros pediron que se concretara sobre a apertura do prazo e que se convocaran “son agora cando se necesitan no dentro de dous anos”, insistiu a voceira do grupo Rosa Morán.

O Concello avanzou que non hai nada preparado xa que necesitan esperar á aprobación dos orzamentos deste ano para convocar as axudas.

O segundo tema de transcendencia sobre o que preguntaron foi como van os trámites para a contratación dunha nova empresa redactora do PXOM, unha vez que fose despedida a anterior por diferentes incumprimentos. Malia que houbo acordo entre todas as partes para o cambio de empresa, os socialistas insistiron na necesidade de axilizar o proceso de licitación “ao ser unha norma imprescindible, paralizada durante moitos anos, e pola que non podemos seguir esperando”. O Concello pola súa banda, asegurou que xa comezaron os trámites pero o PSOE o ve “todo parado”.

Tamén a Torre de Caldaloba volveu ser tema de discusión. O PSOE explicou que tralo acordo do anterior Pleno, no que se aprobou unha moción sobre a conservación do monumento, querían saber en que estado está o proceso e que actuacións se están levando a cabo.

O Concello explicou que se está negociando co propietario do edificio para chegar a un acordo para que o ceda por uns anos para restauralo, xa que se pretenden facer escavacións, pero o propietario da torre non está de acordo. “Hai unha gran diferenza entre o que este pide e o que se pode dar polo que no caso de non haber acordo terían que proceder a unha expropiación”, explicaron no Pleno.

Ao que si se comprometeu o equipo de Goberno é en facer tarefas de limpeza de maleza para adecentar a zona, ao que o propietario accedeu.

Os socialistas demandaron acceso tamén ao contrato coa nova empresa de axuda no fogar para saber se houbo algunha modificación con respecto ao anterior, ao que o alcalde contestou que non. “Preocúpannos as condicións das traballadoras. Deron un prezo máis baixo e non queremos que se incumpra o convenio, polo que estaremos vixiantes”, explico Morán.

OUTOS ASUNTOS

No Pleno os socialistas tamén preguntaron polo situación que se creou pola presentación fóra de prazo dos datos de poboación do padrón municipal, que ascende a 4.409 habitantes a 1 de xaneiro do ano en curso, e no que figurou en primeiro logar 4.371.

Interesáronse polo estado das antigas escolas unitarias que foron arranxadas e querían saber a que están adicadas, si como vivendas ou quen as utiliza. O Concello recoñeceu que unha das escolas está cedida a unha asociación pero que non está ningunha habilitada para vivenda.

Debido a esto o PSOE insistiu na necesidade de que de que se lles de este destino “xa que poden necesitarse nunha urxencia, en especial por cuestións sociais como poden ser por exemplo casas para mulleres maltratadas”.

Tamén pediron explicacións sobre o mal estado da auga da traída en Muimenta uns días atrás e nos que non se produciu ningún fenómeno climático que o xustificara. Así mesmo, fallou o alumeado na mesma parroquia. O Concello asegurou descoñecer o primeiro caso, pero que podería ser debido á caída dunha árbore, e no segundo asegurou que se está buscando onde se rompeu a continuidade da corrente, “e que podería ser que as ratas morderan os cables”, explicaron.

Así mesmo o Concello comprometeuse co equipo socialista en facer un apaño na estrada de Porto de Pino mentres non se faga a contratación da obras, xa que o seu estado é deplorable debido á acción dos madeiristas.

ROGOS

Os socialistas presentaron tamén dous rogos ao Pleno, no primeiro volveron pedir que se lles fagan chegar as actas das xuntas de goberno, tal e como se establece na normativa. “Hai un prazo de dez días e nós non somos puntillosos con eso, pero xa fai máis de dous meses que non nos chega información”, esixiron.

Así mesmo pediron a substitución, ou retirada se é o caso, das bandeiras da casa consistorial, “polo seu estado de deterioro, que daña a imaxe do noso Concello”.

Nesta mesma liña explicaron que “as xardineiras que hai entre as beirarúas e as estradas, están sin plantas, cheas de auga e malas herbas. Son un foco de mosquitos que van á auga podre. Por isto rogamos tamén que se non se poden coidar mellor se retiren. A imaxe dun pobo tamén é moi importante”.