Skip to main content
Axenda Caducada

San Paio de Narla acolle unha actividade sobre o San Xoán

Por 22 Xuño, 2021Xuño 23rd, 2021Sin comentarios

Organizada pola Rede Museística da Deputación de Lugo, mañá, mércores 23 de xuño, de 17:30 a 20:00,  na Fortaleza de San Paio de Narla, haberá unha actividade  para festexar a maxia do San Xoán.

Esta actividade estará chea de tradición, aroma e natureza e nela farán unha recompilación de refráns, colleita de herbas de San Xoán, confección de ramos de flores, e moito máis.

Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade, dirixida a familias con rapazada, deberán realizar a inscrición no correo sanpaiodenarla@museolugo.org ou a través do grupo Clube Pequeamigos e, como paso previo, na casa xa poden ir facendo un listado de refráns relacionados con esta data.