Skip to main content
Guitiriz

Abre o prazo para solicitar os permisos para realizar fogueiras en Guitiriz

Por 15 Xuño, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Guitiriz vén de publicar un bando no que lembra aos veciños a obligatoriedade de pedir permiso a celebración de fogueiras durante o San Xoán.

Estes permisos deberán solicitarse entre os días 15 e 22 xuño de 2021 (ambos incluídos), en horario de 9:00 a 14:00 horas, (Cita Previa: 982 370 109) ou ben pola sede electrónica do Concello (guitiriz.sedelectronica.gal).

Para tramitar os permisos é necesario comunicar os datos da persoa responsable do mesmo, nome e apelidos do solicitante, así como o seu número de DNI, o enderezo de residencia e a localización na que se vai a realizar a fogueira.

Quedan prohibidas as fogueiras en espazos públicos e será de obrigado cumprimento a normativa da covid-19 en vigor.