Skip to main content
Guitiriz

Unión en Parga contra o proxecto de supresión de pasos a nivel

Por 17 Xuño, 2021Xuño 18th, 2021Sin comentarios

Na reunión celebrada no pavillón do CEIP Santo Estevo do Parga recolléronse sinaturas, que se incorporarán ao escrito de obxección que se enviará a ADIF. Asistiron ao redor de 70 persoas e conseguíronse preto de 60 firmas.

A veciñanza de Parga e o Concello de Guitiriz amosaron a súa unión para solicitar a ADIF que non execute ningún proxecto de supresión dos pasos a nivel en Parga ata que se conte coa aprobación veciñal e institucional. Ao encontro asistiron ao redor de 70 persoas e conseguíronse preto de 60 firmas.

Esta será a petición que se lle formulará ao Administrador de Infraestructuras Ferroviarias no escrito de obxección que enviará o Concello e que foi consensuado hoxe coa veciñanza nunha reunión celebrada no pavillón do CEIP Santo Estevo de Parga.

O encontro tamén serviu para recoller as firmas dos veciños e veciñas de Parga, que acompañarán ao escrito para plasmar deste xeito a unión institucional e veciñal. Aqueles que non puidesen asistir tamén poderán deixar a súa sinatura no documento se o desexan xa que estará á súa disposición na casa consistorial ata o 23 de xuño.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, reiterou que “nunca aceptaremos solucións que sexan perxudiciais para os habitantes de Parga” e deixou claro de que “tal e como está configurado Parga urbanística e socialmente a mellor alternativa é a construción dunha variante pero, sabendo que para ADIF é inviable e coñecidas as posibilidades reais, o mellor é manter os pasos a niveis existentes”. A rexedora adiantou que “solicitaremos que se realicen actualizacións no sistema de seguridade”.

O escrito pode lerse no seguinte enlace.