Skip to main content
Meira

Meira acondicionará a Campa do Plantío

Por 19 Xuño, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno sacou adiante un convenio de colaboración co Concello de Meira a través do que a Deputación de Lugo achegará 288.000€ para o acondicionamento da Campa do Plantío. Tal e como informou Pilar García Porto, “trátase de dotar a Meira dun espazo polivalente para a celebración de todo tipo de actos, liberando así as rúas e o centro do municipio. Está é unha actuación importante para Meira, que non ten un espazo habilitado para os grandes eventos ou, por exemplo, para a instalación da Unidade Móbil da ITV, que na actualidade utiliza a rúa Fray Vidal, cortando a circulación, ou a praza do Concello e a do Convento Cisterciense”.

A obra principal que recolle este convenio contempla formigonar unha explanada de 48×85 metros na parte máis elevada do terreo, prolongando a rúa dos Colexios dende o cruce coa rúa Fray Vidal, xusto en fronte do Centro de Atención a Maiores da Deputación. A actuación contempla, ademais, zonas de acceso peonil, iluminación, plantación de árbores e peche de madeira para integrar a obra na contorna.