Skip to main content
Meira

Licitadas as obras de construción dunha ETAP no depósito de Grañanova

Por 8 Xuño, 2021Xuño 9th, 2021Sin comentarios

O Concello de Meira licitou as obras de construción dunha ETAP no depósito de auga de Grañanova, obras que estará financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental por un importe de 41.000 euros.

Ademais, está previsto equipala con cartos que destinarán do Plan Único e que ascenden a 28.000 euros.

As obras, que darán comezo en breve teñen como obxectivo corrixir os problemas de exceso de ferro e aluminio detectados nas analíticas realizadas nesta traída.

Dende hai algún tempo o Concello ten detectados problemas de turbidez en zonas como Corbaceiras, San Roque ou Regolongo, que xeraron diversas queixas veciñais, ao verse afectadas varias vivendas e tamén un negocio hostaleiro. Aínda así o Concello lembra que a auga é pobable.

Estes problemas achacáronse nun principio a algunha fuga pero finalmente constatouse a presenza de metais, unha problemática que se tentou atallar de forma provisional coa instalación de filtros para que a auga chegue xa limpa ao depósito.

Agora a intención é ter esto solucionado antes de que remate o verán aproveitando o bo tempo e a situación actual do depósito.

Tamén se procederá á selaxe da estrutura para evitar que o problema volva repetirse. Esta non será a única actuación que acometerá o Concello xa que ten previstas outras melloras en diferentes puntos.