Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Demandan a protección dun niño de cegoña en Outeiro de Rei

Por 14 Xuño, 2021Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei vén de solicitar ante o concello que se protexa o niño de cegoña con crías que hai no cruce da N-VI coa estrada de acceso á urbanización de Guillar.

Segundo explica, este niño, dadas as obras que se están a realizar na zona, corre serio risco de ser destruído, sobre todo se proceden a cambiar o poste de electricidade mentres que as cegoñas están en época de crianza.

“Debido á coñecida falta de sensibilidade polo patrimonio demostrada polo alcalde, tanto polo histórico e cultural como polo natural, o BNG decidiu presentar este escrito onde se comunica ao concello a situación e se solicita que se tomen as medidas precisas para a protección deste niño”, afirman.