Skip to main content
Axenda Caducada

A Pastoriza organiza un campamento de verán

Por 2 Xuño, 2021Xuño 28th, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza organizará este ano un campamento de verán para o que xa ten aberto o prazo de inscrición, que se organizarán cumprindo a normativa covid con grupos limitados.

O campamento terá lugar entre o 28 de xuño e o 9 de xullo e haberá xogos, artesanía, visitas ou excursións á praia. Está dirixido a nenos de entre 6 e 16 anos de idade.

Os interesados en asistir poden apuntarse no número de teléfono 982 332 197 por un prezo de 45 euros. Os menores nados entre 2014 e 2005 poden facer o ingreso na conta das Escolas Deportivas antes do 22 de xuño e presentar o recibo xunto á inscrición.