Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Entrevista: “Fago deporte co mellor animal do mundo, podería estar sempre montando”

Por 6 Xuño, 2021Xuño 7th, 2021Sin comentarios

Rocío Díaz Cortón é, aos seus 19 anos, unha referencia no mundo do raid, unha disciplina hípica pouco coñecida en Galicia.

Como mellor se atopa é sobre un cabalo, así é Rocío Díaz Cortón, veciña da parroquia de Lea, en Pol, que leva dende que as normas llo permitiron vinculada ao mundo da competición equipa. Agora, con 19 anos, esta estudiante de dietética mantén o seu interese pola competición tan nítido como sempre. A súa intención é facerse un nome dentro dunha complicada disciplina o raid, unha modalidade moi esixente que lle vén de familia.

Díaz, que foi dúas veces campiona autonómica, participou no raid que se celebrou en Pol recentemente e aínda que os resultados non lle favoreceron non perde de vista o seu obxectivo de continuar mellorando.

Cando empezaches a competir?

Empecei a competir con 10 anos porque antes non se podía.

Como foi que decidiches meterte no mundo da competición?

Metinme no mundo do cabalo grazas á miña nai.

Que o que máis che gusta deste deporte?

O que máis me gusta é a compenetración que hai entre o cabalo e o xinete.

Que vantaxes e desvantaxes ten?

Ten vantaxes como que me axuda a esquecerme de moitas outras cousas, fago deporte co mellor animal do mundo, pásomo ben e podería estar sempre montando. Ten desvantaxes como que por moito que adestres e fágalo moi ben non sempre as cousas saen como queres que saian.

Cal é o logro do que te sintes máis orgullosa?

Síntome orgullosa de moitos logros, non podería elixir un en concreto.

Como compaxinas co resto de ocupacións?

Son unha persoa que me organizo moi ben e dáme tempo a facer todo o que queira.

Vivir nun lugar como Pol facilita poder dedicarte a competición hípica?

Non, non a facilita, Galicia está no extremo do país e temos moitas máis dificultades que o resto.

Que condicións físicas se necesitan para practicar este deporte?

A única forma física que necesitas é adestrar o mesmo que vaia a adestrar o teu cabalo.

Que obxectivos de futuro tes vinculados ao este deporte?

Con respecto ao deporte nun futuro gustaríame poder chegar máis arriba e demostrar máis o que vallo, porque ultimamente non mo permite a sorte.