Skip to main content
As Pontes

As Pontes destinará 128.000 euros a axudas a entidades culturais

Por 11 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes destinará preto de 128.000 euros ás achegas para as entidades culturais do municipio no ano 2021.

Estas achegas, destinadas a entidades culturais privadas, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes e que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade, teñen como obxectivo prioritario dar apoio a ditas entidades e contribuir a que acaden os seus obxectivos, fomenten a participación cidadade, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a democratización da sociedade, fomentar a defensa dos valores da igualdade de xénero e a linguaxe inclusiva.

A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo así como os gastos en infraestruturas e equipamentos executados ou adquiridos durante o ano 2021.

Así, serán subvencionales os gastos de persoal con contrato laboral coa entidade, gastos de seguros de responsabilidade civil e, se fose o caso de cobertura de accidentes, gastos de transporte para a realización de viaxes culturais, gastos de publicidade, de loxística (megafonía, son, iluminación e infraestruturas imprescindibles e necesarios para o desenvolvemento das actividades)

Tamén serán subvencionables os gastos xerados para o desenvolvemento de actuacións culturais: subministracións non inventariables necesarios para a realización da actividade (tecidos, madeira, etc…), material de oficina, monitores/instrutores das actividades e actuacións de carácter cultural así como os gastos derivados da organización de cursos, charlas, obradoiros culturais, etc.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes comeza o 10 de xuño e remata o 19 de xuño (ambos días incluídos).

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP número 104, do 04 de xuño de 2021  na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes.