Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan nas Pontes un curso de piragüismo

Por 17 Xuño, 2021Xullo 23rd, 2021Sin comentarios

O Club Xuvenil de Piragüismo das Pontes organiza un curso de verán no Lago, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos. O único requisito para inscribirse é saber nadar.

Co fin de manter as medidas sanitarias fronte a covid-19 os grupos serán de máximo 15 prazas. Seguirase a normativa vixente en canto a medidas sanitarias  como uso de máscara, distancia de seguridade, etc…)

O curso desenvolverase en dúas quendas, de luns a venres. A primeira terá lugar do 28 de xuño ao 9 de xullo e a segunda do 12 ao 23 de xullo. Os horarios serán de 12 a 13h e de 13 a 14h.

A data límite de inscrición para a primeira quenda será o 26 de xuño  e para a segunda o 10 de xullo. Os que desexen máis información poden solicitala no teléfono 675 95 22 87 e no mail xuvenil@gmail.com. O formulario de inscrición pode descargarse no seguinte enlace: https://forms.gle/S4jMwwK6G6MDXvGC7

Recoméndase o uso de camiseta e mallas ou bañador de lycra, escarpíns ou chanclas para os pés e levar calzado e roupa deportiva para cando non estén na auga, ademais de toalla, biseira e protección solar.