Skip to main content
Axenda Caducada

Comezan nas Pontes os cursos de vela

Por 23 Xuño, 2021Setembro 10th, 2021Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscripción nos cursos de vela de verán do Club de Vela Fluvial As Pontes, que a partir do vindeiro luns 28 de xullo se impartirán no lago de As Pontes.

Como ven sendo habitual os cursos de vela estarán abertos a nenos a partir de 7 anos e adultos, que poderán aprender a navegar ou mellorar a súa técnica nas diferentes embarcacións que pon a disposición o club.

Os cursos volverán desenvolverse no Lago de As Pontes, en quenda a escoller ben de mañá de 10:00 a 14:00 horas; ou ben de tarde de 16:00 a 20:00. Haberá cursos todas as semanas de verán, a primeira do 28 de xuño ao 2 de xullo e a última do 6 ao 10 de setembro, o que suporá unha duración de 20 horas, repartidas semanalmente de luns a venres.

O importe dos cursos será de 70 euros, é dicir, 54 euros de matrícula e 16 euros de licenza federativa que inclúe o seguro do alumno. Para aqueles que prolonguen unha semana máis o prezo será de 30 euros.

Para máis información e inscripcións haberá que escribir un email a clubdevelafluvialaspontes@gmail.com, ou ben chamar ao 639 608 128, ou pasarse pola caseta do Club de Vela Fluvial As Pontes no Lago das Pontes.