Skip to main content
Axenda Caducada

As Pontes prepara o tráfico para a celebración da Northwest Triman

Por 24 Xuño, 2021Xuño 27th, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes informa, con motivo da celebración, o domingo 27 de xuño, dunha nova edición do NorthWest Triman, das varias modificacións na circulación do municipio.

Así, a primeira é que estará prohibido circular (vehículos e peóns) e estacionar, desde as 07:00 horas ás 17:00 horas, nas rúas avenida de Galicia, avenida de Lugo, rúa da Casilla, avenida das Veigas, rúa Rego do Muiño e praza Hospital

Nos pasos de peóns, estes non terán preferencia sobre as bicicletas e turismo que se atopan circulando polo tanto, compre buscar un paso regulado por axentes da Policía Local ou Protección Civil para cruzar a estrada con seguridade.

Tamén estarán pechadas ao trafico as estradas AC101 (As Pontes-Ortigueira) dende o Lago ata o cruce do Brixeo (Pk nº 2) agás o acceso ao Lago; a AC105 (glorieta Casilla-glorieta Vilavella); e a AC-861 do pk nº 27.5  (nova glorieta inmediacións Poboado das Veigas) ata pk nº 29 (glorieta da autovía) e dende o pk nº 26 (antigo tanatorio) ata o pk nº 6 (Santaballa-Vilalba).

As persoas que desexen entrar ou saír da vila dirección Lugo, Ferrol, ou A Coruña, deberán facelo pola praza do Hospital, avenida da Habana, rúa Presa de Alende, rúa da Balsa (antigo tanatorio) e autovía AG-64 na intersección do Polígono dos Airíos.

A veciñanza  de Ribadeume deberá acceder pola glorieta de Penapurreira.

O acceso á estación de servizo da Casilla, será pola AC- 861 (nova estrada de circunvalación).