Skip to main content
Axenda Caducada

Actuación de Isabel Risco en Rábade o 18 de xuño

Por 14 Xuño, 2021Xuño 18th, 2021Sin comentarios

O próximo venres, 18 de xuño, ás 20.00 horas, no Centro Sociocultural de Rábade, estará de visita Isabel Risco, para protagonizar Bravas, un espectáculo no que ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.

Bravas é unha produción teatral cómica, sobre mulleres sen medo. Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. Fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Un viaxe no tempo con paradas en diversas estacións.

Esta actuación englóbase no programa do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.