Skip to main content
Vilalba

Vilalba terá este ano de novo campamentos urbanos de verán

Por 16 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba abre hoxe, 16 de xuño, e ata o 29 de xuño o prazo de inscrición nos seus Campamentos Urbanos de Verán 2021, co obxectivo prioritario de axudar ás familias a conciliar a vida persoal, familiar e laboral.

Haberá dúas quendas, do 12 ao 30 de xullo e do 2 ao 20 de agosto, con 50 prazas en cada unha. Os campamentos son para nenos e nenas nados/as entre o 2016 e 2009, que poden inscribirse nas dúas quendas. Terán preferencia os empadroados en Vilalba.

Para inscribirse, priorízase facelo de xeito telemático por algunha das seguintes canles: a través do trámite específico na sede electrónica do Concello de Vilalba: https://vilalba.sedelectronica.es; ou a través da web de aluguer de instalacións e inscrición en actividades https://app.sporttia.com/scs/1528/profile.

No caso de empregar a app/web sporttia.com, os solicitantes deberán remitir a documentación requerida no punto 3.3 ao correo electrónico deportes@vilalba.es o mesmo día que soliciten a inscrición nos campamentos, indicando no asunto do correo o nome do alumno e no corpo de dito correo o nome do pai/nai ou titor legal.

Excepcionalmente e con causa xustificada, poderase presentar a solicitude de forma presencial no rexistro xeral do Concello de Vilalba, nas oficinas xerais no 1º andar, previa cita (sede electrónica ou no teléfono 982 510 305)

Os campamentos cumprirán e aplicarán todos os protocolos e recomendacións Covid-19. No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas aplicaranse os criterios de baremación, priorizando ás familias nas que traballen os dous proxenitores ou aquelas monoparentais nas que a persoa proxenitora traballe.

O servizo prestarase con actividades de ocio en espazos ao aire libre en horario de 10.00 a 14.00 horas. O Concello de Vilalba anima a consultar as bases completas dos campamentos, que estarán na web www.vilalba.gal