Skip to main content
Vilalba

Os comerciantes de Vilalba comezan unha semana de protestas

Por 22 Xuño, 2021Sin comentarios

Tal e como anunciaron a pasada semana, os comerciantes da rúa da Pravia e a súa contorna comezaron hoxe unha serie de concentracións que se repetirán todos os días ás 13.00 horas para reclamar a dobre dirección para esta rúa así como a adecuación de aparcamentos na zona centro da vila.

Arredor de cen persoas concentráronse hoxe na rúa da Pravia e seguirán a facelo ata o venres, á mesma hora. Estas protestas xurden como contestación á decisión do Goberno municipal de abrir a rúa ao tráfico nunha única dirección despois do derrube da casa das Maragatinas.

Reclaman os manifestantes que o Concello conte con eles antes de tomar decisións como o de dejar esta rúa unidireccional, ademais de pedir que se busquen alternativas en canto aos aparcadoiros.