Skip to main content
Vilalba

O PSOE pedirá mañá no Parlamento a construción dun centro de día en Vilalba

Por 23 Xuño, 2021Sin comentarios

O Deputado Autonómico do PSdeG-PSOE, Luís Álvarez defenderá mañá xoves a partir das 10:30 da mañá, unha iniciativa na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, “co fin de demandar ao Goberno de Feijóo que inicie neste ano a construción dun centro de día en Vilalba, para que entre en funcionamento no menor tempo posible e, en todo caso, no ano 2022”.

Álvarez referiuse tamén ao sorprendente cambio de aptitude do PP de Vilalba nesta asunto tan importante para o Concello. Advertiu que o PP “esta presidido polo cinismo máis absoluto, xa que cando goberna non executa os proxectos que despois na oposición demanda, e este é un claro exemplo. Negáronse insistentemente a dotar orzamentariamente este proxecto, tantos nos orzamentos deste ano como na anualidade anterior, e agora parece que atoparon a pedra filosofal para demandar as iniciativas que antes non eran necesarias”, replicou.

“Demandamos que o Centro de Día de Vilalba ten que realizarse en todo caso, e con independencia de que se concedan os fondos Next Generatión. Polo tanto, si o PP de Vilalba recoñece que é necesario a construción do centro de dia, queremos que se realice cos fondos europeos ou a través dos orzamentos da Xunta. Si é necesario, é necesario”, insistiu.

Luís Álvarez tamén lembrou que o PP gobernou durante moitos anos o Concello de Vilalba “por iso puido buscar no seu momento a complicidade do PP no goberno da Xunta, para dotar á veciñanza deste dotación. Nós agora dende a Cámara Autonómica vamos a comprobar si o PP de Vilalba e o PP no Parlamento de Galicia apoian que se faga este Centro de Día con ou sen fondos Next Generatión”, resumiu.