Skip to main content
Axenda Caducada

Recollen doazóns de sangue en Vilalba hoxe e mañá

Por 24 Xuño, 2021Xuño 25th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará hoxe e mañá no Concello de Vilalba para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e e 16.00 a 21.00 horas na parte de abaixo da alameda.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.