Skip to main content
Vilalba

O IES Lois Peña Novo ofrece cinco ciclos formativos superiores e medios

Por 28 Xuño, 2021Xuño 29th, 2021Sin comentarios

O IES Lois Peña Novo de Vilalba mantén aberto o prazo de inscrición para o próximo curso escolar no que  ofrece unha ampla variedade formativa, que inclúe tanto FP Básica como varios ciclos ou formación para adultos.

Neste centro de ensino vilalbés impártense un total de cinco ciclos formativos. Dous deles son superiores, nas especialidades de Administración e Finanzas e Administración de Sistemas informáticos en Rede. Os outros tres son medios: Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Electromecánica de Vehículos Automóbiles e Instalacións Eléctricas e Automáticas.

Tamén contan con outras titulacións de FP Básica en Informática de Oficina e Mantemento de Vehículos.

O horario lectivo está fixado de luns a venres, de 8.45 a 14.15 horas, e, polas tardes, de luns a xoves, de 15.30 a 18.00 horas. Aínda así, tamén conta con horario vespertino, de 18.00 a 22.00 horas, para a formación de adultos, que inclúe tanto a posibilidade de cursar Educación Secundaria para Adultos (Esa) como o bacharelato semipresencial.

A oferta lectiva do Lois Peña Novo complétase con Castelán e Galego para Inmigrantes e o Nivel B1 de Inglés (Programa Cuale).

O centro mantén ata o próximo luns, 5 de xullo, aberto o prazo de matrícula. As persoas interesadas en inscribirse poden consultar a web ou as redes sociais do centro ou solicitar máis información chamando ao 982.87.08.60 ou a través do correo electrónico ies.lois.pena.novo@edu.xunta.gal.