Skip to main content
Axenda Caducada

O barrio de San Xoán apraza ao 6 agosto os concertos das festas

Por 30 Xuño, 2021Agosto 6th, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán, que recuperou este ano as festas na honra do seu patrón cun programa diferente, anunciou o aprazamento do concerto previsto para este sábado ao próximo 6 da agosto.

A decisión foi tomada debido ás previsións meteorolóxicas, que anuncian choivas durante todo o día. Tratase dunha actividade de rap na praza a cargo de Crzy, Fouce, Sile, Snxr, Poci e Kryme. Salva fará un graffiti durante o concerto.

Pola noite toca concerto de pop-rock a cargo de Nuevo Plan, que tocará música dos 80. Será a partir das 22.30 horas.

A celebración do San Xoán deu comezo o propio mércores 23 coa realización dun mural durante todo o día, a cargo da artista Anita Roca. Pola tarde,  houbo teatro de títeres a cargo de Trécola para continuar cunha representación teatral curta a cargo da Escola de Teatro.

Para asistir ás actividades será necesario a recollida de tickets e esta poderá facerse no Mesón do Campo ou en Embutidos San Juan.

A organización lembra que se seguirán todas as medidas anti covid recomendadas.