Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAVilalba

O barrio de San Xoán celebrará as súas festas con teatro e concertos

Por 8 Xuño, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán recupera este ano as festas na honra do seu patrón cun programa diferente.

A celebración dará comezo o propio mércores 23 coa realización dun mural durante todo o día, que estará a cargo da artista Anita Roca. Pola tarde, sobre as 18.00 horas haberá teatro de títeres a cargo de Trécola para continuar cunha represetanción teatral curta a cargo da Escola de Teatro.

En base ao programa das festas, a celebración continuará o día 3 de xullo cunha actividade de rap na praza a cargo de Crzy, Fouce, Sile, Snxr, Poci e Kryme. Salva fará un graffiti durante o concerto.

Pola noite toca concerto de pop-rock a cargo de Nuevo Plan, que tocará música dos 80. Será a partir das 22.30 horas.

Para asistir ás acgiviaddes será necesario a recollida de tickets e esta poderá facerse no Mesón do Campo ou en Embutidos San Juan.

A organización lembra que se seguirán todas as medidas anti covid recomendadas.

Así mesmo, a comisión invita aos veciños a engalanar os balcóns, fachadas e escaparates con flores, tal e como se fixo en anos anteriores.