Skip to main content
Axenda Caducada

Actuación de Paula Carballeira na biblioteca de Xermade

Por 23 Xuño, 2021Xuño 30th, 2021Sin comentarios

Comeza de novo o programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na Biblioteca de Xermade o mércores 30, ás 19.00 horas.

A primeira destas actividades será unha sesión de narración oral a cargo da actriz, escritora e narradora Paula Carballeira e que leva por título Camiños de mar, terra e vento.

Vai dirixido a nenas e nenos maiores de 4 anos e precisa inscrición previa, xa que o aforo é limitado.