Skip to main content
Uncategorized @gl

O virus contense malia a suma de novos positivos polos gromos de Lugo e Castroverde

Por 18 Xuño, 2021Xuño 19th, 2021Sin comentarios

Os gromos de Lugo e Castroverde impiden á covid continuar baixando máis rápido do que o fai. Este venres hai 175 casos activos, dous menos que onte, cando a subida foi de dous casos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 14 casos novos (onte foron 17). Como os de onte trátase de contaxios dos gromos detectados na cidade de Lugo e en Castroverde, no primeiro caso extendido en postos de traballos e no segundo durante a celebración dun cumpreanos. As altas chegaron ás 12.685, 15 en 24 horas, cando onte foron 16.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.081 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense con 3 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e dúas en planta. Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito ata o sábado:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Preocupa o aumento de caos en Castroverde por una festa mentres o crecemento en Lugo estabilízase polas altas malia ter varios casos novos tamén polo gromo detectado entre traballadores.

A Mariña

  • Xove xa están con incidencia baixa e menos de dez casos. Foz volve ter algún positivo.
  • O Vicedo, Viveiro e Burela están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro e Cervo. Únese Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba, Abadín, As Pontes, Begonte e Cospeito teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Deixan de estar limpos de covid pero con baixa incidencia tras semanas limpos Friol, Guitiriz e A Pastoriza.
  • Outeiro de Rei leva unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Xermade, Pol e Meira.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 86 (3 menos) axudados polas altas.
  • Dispárase a incidencia en Castroverde a valores de alerta extrema con 11 positivos.
  • Palas volve ter casos pero con baixa incidencia.
  • O Corgo e Portomarín levan xa unha semana sen casos novos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria segue con 13 casos pero mantén a incidencia baixa.
  • Triacastela leva unha semana sen casos. Súmase Paradela.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Folgoso do Courel eleva a incidencia, aínda en valores normais.
  • Chantada e Taboada levan xa unha semana sen positivos. Súmase Monforte.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Quiroga.