Skip to main content
Uncategorized @gl

Castroverde entra en alerta mentres os casos en crecemento ralentízanse

Por 23 Xuño, 2021Xuño 24th, 2021Sin comentarios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza semanal, o nivel medio de restricións para o concello de Castroverde, que tivo un gromo que se mantén no tempo e que elevou moito a súa incidencia.

Ademais de Castroverde, só outros catro concellos están en alerta en Galicia:  Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 26 de xuño.

OS DATOS DE HOXE

Tralo ascenso de onte, a covid volve frear o seu crecemento con 3 casos novos, ata 164. Onte o aumento foi de dez casos. Os dous días os datos estiveron condicionados pola escaseza de altas.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 8 casos novos (onte foron 16). As altas chegaron ás 12.739, 4 en 24 horas, cando o día anterior foron 6.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.124 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria queda en 5 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e catro en planta. Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

A provincia terá a partir do sábado ao concello de Castroverde en alerta media.

POR COMARCAS

O Concello de Castroverde entrará en alerta media, a única da provincia malia que Portomarín e O Vicedo tamén teñen moi elevada a incidencia. No resto, poucos cambios e na Ribeira Sacra só un concello ten casos, pero con moi baixa incidencia

A Mariña

  • O Vicedo eleva a súa incidencia ata valores de alerta alta.
  • Con algún caso activo e baixa incendencia están Foz, Cervo, A Pontenova, Trabada e Burela.
  • Xove están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, Alfoz e Viveiro.

Terra Chá

  • Vilalba, Cospeito, Friol, Guitiriz, A Pastoriza, Pol, Meira e Castro de Rei teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Abadín, Begonte e As Pontes levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Xermade e Outeiro de Rei.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo reduce ata 798 (1 menos).
  • Castroverde segue en valores de alerta extrema con 12 positivos e entrará o sábado en alerta media.
  • Portomarín segue cunha incidencia moi elevada.
  • Palas, Monterroso, O Corgo e Guntín teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten 12 casos pero mantén a incidencia baixa.
  • Láncara tamén ten casos e con baixa incidencia.
  • Paradela levan unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Triacastela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Folgoso do Courel ten algún caso pero con baixa incidencia.
  • Monforte levan xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga e Chantada. Únese Taboada.