Skip to main content
Uncategorized @gl

O virus reduce lixeiramente a súa presenza pero aumentan os ingresos

Por 27 Xuño, 2021Xuño 28th, 2021Sin comentarios

A covid volve retroceder na provincia malia os gromos activos en Sarria e Lugo e os contaxios que seguen saíndo vinculados a Baleares.

Así, a  provincia de Lugo amanece esta mañá con 189 casos activos, 2 menos que onte, cando o sábado mantivo estable a porcentaxe tralas subidas dos últimos días.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 16 casos novos (onte foron 19 e o día anterior 28), e as altas chegaron ás 12.791, 18 en 24 horas, cando o día anterior foron 19.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.201 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe a 5 persoas ingresadas (1 máis). No Hula hai 1 na UCI e 3 en planta, e 1 en Monforte.

A provincia ten ao concello de Castroverde en alerta media e ao de Sarria en alerta alta.

POR COMARCAS

Malia os dous gromos, en Lugo os casos non soben, senón que baixa, e en Sarria estabilízase a situación polo momento. No resto a tendencia é á melloría.

A Mariña

  • O Vicedo mantén unha incidencia alta.
  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Cervo, A Pontenova e Burela.
  • Trabada fai unha semana que non ten contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, Alfoz, Viveiro e Xove.

Terra Chá

  • Cospeito, Friol, A Pastoriza, Pol, Meira e Castro de Rei teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Begonte, Guitiriz e Vilalba levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Xermade e Outeiro de Rei. Únense Abadín e As Pontes.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixa a 69 (4 menos).
  • Castroverde mantense en 11 positivos pero reduce a incidencia durante a última semana.
  • Portomarín segue cunha incidencia moi elevada.
  • Palas, O Corgo e Guntín teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Monterroso leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria queda en 28 casos (1 máis), co concello en alerta alta.
  • Láncara leva unha semana sen contaxios.
  • Samos, O Páramo, O Incio, Triacastela e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Quiroga eleva a incidencia pero no chega aínda a 10 casos.
  • Taboada ten casos pero con baixa incidencia.
  • Chantada cuantifica dez contaxios.
  • Folgoso do Courel leva xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Monforte.