Skip to main content
Uncategorized @gl

Novo aumento de casos con descenso de hospitalización

Por 1 Xuño, 2021Xuño 2nd, 2021Sin comentarios

Outros novos casos activos máis súmanse ao balance da provincia que comeza xuño con 262 casos activos. A subida con relación a onte foi de 9, a mesma que a xornada anterior. O aumento de casos novos e a escaseza de altas son as responsables deste crecemento.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 20 casos novos (onte foron 16). As altas chegaron ás 11.410, 8 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 7.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.893 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria pola contra, mellora moito. Hai dúas persoas na UCI (1 menos) e 9 nas diferentes plantas (3 menos), 5 están no Hula (1 máis), 3 en Burela (1 menos) e 1 en Monforte (3 menos).

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Cervo, Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Mentres a situación no Centro e Sur da provincia mellora de forma sustancial, na Mariña segue aumentando a presenza do virus en especial en Viveiro, cun brusco impulso e incidencia elevada en Xove. Ribadeo tamén suma. Na Terra Chá Abadín ten os primeiros casos en meses e Vilalba segue sumando.

A Mariña

  • Brusca subida de casos en Viveiro ata 56, 8 máis que onte.
  • Xove mantén os 11 casos de onte.
  • Ribadeo sobe aos 15 casos (2 máis), pero con incidencia media.
  • Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Mondoñedo, Cervo, Alfoz e o Valadouro.
  • Lourenzá está sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba suma dous positivos máis ata 27.
  • Begonte, Cospeito, As Pontes e Meira están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve. Súmase Abadín, tras meses sen positivos.
  • Pol e Guitiriz non tiveron casos na última semana.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza e Xermade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 64 (3 menos).
  • Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde.
  • Navia de Suarna leva unha semana sen positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • Sarria e O Incio levan unha semana sen casos.
  • Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte segue en 22 positivos en 15 días.
  • Chantada, Taboada e Quiroga teñen positivos pero con incidencia leve.
  • Pantón leva unha semana sen positivos. Súmase A Pobra de Brollón.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo e Sober.