Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid frea o crecemento dos últimos días

Por 3 Xuño, 2021Sin comentarios

Novo parón no aumento da covid na provincia con 269 só un máis que onte, cando o día anterior subiron 6 casos e os días previos 9.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 14 casos novos (onte foron 11). As altas chegaron ás 11.430, 14 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 6.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.920 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense tamén. Hai unha persoa máis na UCI (2 ingresadas) e 10 nas diferentes plantas (1 menos), 5 están no Hula (1 menos), 3 en Burela (1 menos) e 2 en Monforte (1 máis).

Os cambios de restricións por concellos estarán do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Xornada de estabilidade co virus controlado na Mariña e en Vilalba e Monforte, onde tiña máis virulencia.

A Mariña

  • Viveiro suma unha nova xornada sen aumentar casos e mantén 54.
  • Xove tamén mantén os 15 de onte.
  • Ribadeo segue con 15, aínda que no seu caso a incidencia é inferior.
  • Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Cervo e o Valadouro.
  • Lourenzá, Mondoñedo e Alfoz están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba ten un positivo máis, 28 na última quincena e manterá a alerta media.
  • Begonte, Cospeito, As Pontes, Meira,  Abadín e Outeiro de Rei están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve.
  • Pol e Guitiriz non tiveron casos na última semana.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza e Xermade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 60 (1 menos).
  • Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde.
  • Navia de Suarna leva unha semana sen positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
  • O Incio leva unha semana sen casos.
  • Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 21 (1 menos) positivos en 15 días.
  • Chantada, Taboada e Quiroga teñen positivos pero con incidencia leve.
  • Pantón e A Pobra de Brollón levan unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo e Sober.