Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid volve á senda do descenso de casos

Por 4 Xuño, 2021Sin comentarios

A covid recupera a senda do descenso de casos tras superar o peor dos seus gromos e inicia a fin de semana con 19 casos menos, un total de 250, cando na xornada anterior subiron un caso, trala ralentización percibida nos últimos balances. O control dos novos positivos e un elevado número de altas ofrecen estes datos positivos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron 14). As altas chegaron ás 11.456, 26 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 14.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.927 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria descende tamén. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e 8 nas diferentes plantas (2 menos), 3 están no Hula (2 menos), 3 en Burela e 2 en Monforte.

Os cambios de restricións por concellos estarán do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

O número de positivos descende drásticamente na Mariña, nos tres concellos con máis casos, Viveiro, Xove e Ribadeo e mentres no resto continúa a tendencia á baixa. Varios concellos da Terra Chá suman xa unha semana limpos mentres na zona centro só Lugo queda con casos. Estabilidade en Sarria e melloría tamén na Ribeira Sacra.

A Mariña

  • Viveiro cae en casos novos a 43 (11 menos).
  • Xove tamén descende, 1 casos, ata 14.
  • Ribadeo también descende a 13.
  • Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Cervo, o Valadouro e Alfoz.
  • Lourenzá e Mondoñedo están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba reduce positivos a 25, 3 menos.
  • Cospeito, Meira,  Abadín e Outeiro de Rei están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve.
  • Guitiriz no tivo casos na última semana. Únense As Pontes e Begonte.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza e Xermade. Únese Pol.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan a 58 (2 menos).
  • Navia de Suarna leva unha semana sen positivos. Únense Portomarín e Castroverde.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
  • O Incio leva unha semana sen casos.
  • Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 19 (2 menos) positivos en 15 días.
  • Chantada e Quiroga teñen positivos pero con incidencia leve.
  • Pantón e A Pobra de Brollón levan unha semana sen positivos. Únese Taboada.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo e Sober.