Skip to main content
Axenda Caducada

Volve a II Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro

Por 10 Xullo, 2021Setembro 19th, 2021Sin comentarios

Por segunda vez, Viveiro acollerá a Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro, na que os amantes dos equinos poderán presenciar as mellores carreiras.

Este torneo vaise disputar o día 19 de setembro no campo de fútbol de Celeiro, sempre e cando as circunstancias sanitarias o permitan.

En anos anteriores participaron a asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Galega de Hípica, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro.

En 2019 contaron tamén con feira de gando e premios para os que levaban o maior número de reses equinas e outros cen para o número maior de cabezas de vacún. Ademais dos premios para as diferentes modalidades do torneo.

A organización ofrecerá máis datos do torneo a medida que se vaia aproximando a data.