Skip to main content
Axenda Caducada

A Festa Normanda de Foz ten aberto o prazo de inscrición para o mercado

Por 19 Xullo, 2021Agosto 29th, 2021Sin comentarios

A organización da Festa Normanda de Foz anunciou as datas da celebración, que este serán os días 27, 28 e 29 de agosto e contará con todas as medidas e protocolos sanitarios.

Dende a organización están a buscar nenos entre 8 e 12 anos para participar na representación do desembarco Normando, que será o sábado día 28 de agosto.

Tamén está aberto o prazo de inscrición para participar no mercado e lembran que para solicitalo haberá que pedilo por correo electrónico a mercadonormando@hotmail.com.