Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

Abriuse a inscrición para a VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais

Por 22 Xullo, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Abriuse a inscrición para participar na VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais que terá lugar o 18 de setembro. 

A edición do ano pasado foi cancelada debido a pandemia pero este ano será ás 17.00 e contará cun protocolo especial da Federación de Atletismo e vai requirir uns pasos previos á celebración da proba.

Este ano, así como os outros, dependen moito do voluntariado e contará con todo o apoio deles. As persoas que queiran anotarse van ter toda a información dispoñible nese portal de internet.

As inscricións están abertas e contará con tres tramos de prezos, como todos os anos, e van estar identificados na web e na inscrición. Para os 100 primeiros inscritos o prezo será de 5 euros, dende o inscrito 101 ata final de xullo 6 euros, e dende o 1 de agosto ao 14 de setembro 7 euros, en caso de non ter chip propio, sería 1 euros a maiores polo aluguer do chip branco.