Skip to main content
Deportes AMARIÑAXA

Cancelado o Open de Verán de pádel de Ribadeo

Por 29 Xullo, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Cancelado o Open de Verán Kia Breogán Car, que se ía a celebrar nas instalacións de Pádel Club Ribadeo do 2 ao 8 de agosto.

Desde a organización sinalan que “por responsabilidade, vendo a evolución da pandemia en toda a nosa contorna, decidimos cancelar o noso evento deportivo. Sentímolo moito, pero o covid segue moi presente en toda a zona e non podemos arriscar”.

O Open de Verán Kia Breogán Car, estaba a ser organizado por Pádel Club Ribadeo, que contaba coa colaboración de Grupo Breogán, Breogán Car Barreiros, Santander Consumer Finance, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia, Deportes Galego e Concello de Ribadeo.