Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Alcoa afirma estar en disposición á venda e reitera que ten que ser á Sepi

Por 6 Xullo, 2021Xullo 8th, 2021Sin comentarios

O presidente en España de Alcoa, Álvaro Dorado, remitiu ao Ministerio de Industria e á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (Sepi) información sobre o proceso de venda da fábrica de Aluminio de San Cibrao e as propostas dos candidatos. Nesa mesma misiva, que fixo pública, insta á sociedade para seleccionar o comprador co que iniciar directamente as negociacións, pois insiste en que é a Sepi a que debe comprar a planta.

Entenden dende a factoría que a Sepi debe avaliar se acepta ou propón cambios no “acordo de intencións” co que compraría a fábrica a Alcoa, un acordo que, asegura, “é moi similar ao ofrecido por Alcoa xa en setembro de 2020”.

Alcoa di que está en disposición de asinar o acordo coa sociedade estatal, “unha vez que Sepi conta xa con ofertas que pode analizar e negociar directamente cos candidatos”. Engade tamén que todas as propostas dos compradores indican que “o apoio das administracións é imprescindible” na forma dun marco competitivo de prezos de enerxía garantido, financiamento e/ou garantías.

A multinacional reitera o seu compromiso de seguir avanzando na venda da planta á Sepi “en liña coa proposta realizada polo Goberno desde 2020” e conforme ao acordo asinado cos representantes dos traballadores.